Celebramos o Día das Letras Galegas presentando o Ortopapel 2018
“A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor” – María Victoria Moreno (Congreso Poetas Alófonos en Lingua Galega, 1993).
A nosa terra vive este xoves un dos días máis fermosos do ano para os galegos. Como cada 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas, unha xornada para amosar o amor polo noso e os nosos: a nosa lingua, a nosa cultura, a xente que fixo e fai máis grande Galicia. Nesta ocasión, María Victoria Moreno é a escritora homenaxeada, unha das pioneiras na narración en galego para o público infantil e xuvenil.
Para facer este día aínda máis especial, non se nos ocurreu nada mellor que pór en marcha unha nova entrega do noso concurso ORTOPAPEL 2018.
Deixamos diante de vós unha xigantesca torre de libros, unha morea de papel á que vós teredes que darlle unha cifra. Cantas páxinas credes que hai? Palabras en galego, en castelán ou inglés nas que mergullarse durante horas e horas…
Día especial, concurso especial e unha selección de libros moi persoal, xa que estes títulos forman parte da nosa colección particular.
Entre eles, gustaríanos salientar tres cun significado moi especial:
Os escritos por José Luis Cabo, falecido en 2009, e mellor amigo do noso Carlos Grossi. Xuntos fundaron a Editorial Arasolis, cunha especial presencia nas nosas vidas.
Tamén atópase entre os nosos escritores favoritos Manuel Lorenzo, gañador de galardóns como o Premio Xerais de Novela, o Premio Blanco Amor ou o Premio O Barco de Vapor.
Por último, o futuro da nosa literatura: Andrea Fernández Cruces. Con tan só 17 anos arrasa coa novela “I didn’t know about”.
Tres escritores, amigos e pacientes nunha torre de papel que ten oco para eles pero tamén para un facsímil cos marabillosos «Seis poemas galegos» escritos por Federico García Lorca.
Só queda animarte a participar (antes do 31 de maio) visitándonos na clínica ou na web. O premio é unha tableta paperwhite Kindle coa que poderás ler todo o que gustes. Sorte!